Galicia Food Experience

Castaña Longal

Castaña Longal

Froito moi bo para a industria pola súa conservación e excelente pelado. É idónea para o conxelado. Adáptase a zonas de ata 1.100 m.s.n.m

Area de producción: É propia do extremo Suroeste da provincia de Ourense (Gudiña, Riós y Vilardevós).

Froitos de aspecto fresco, san, limpo, de consistencia firme, libres de perforacións causadas por ataque de insectos, de humidade externa anormal, e de materiais, sabores e cheiros estraños. Pola relación ancho/longa é alongada; pola posición do punto máis ancho é oval. Froito moi bo para a industria pola súa conservación e excelente pelado. É idónea para o conxelado. Adáptase a zonas de ata 1.100 m.s.n.m En canto ás súas propiedades organolépticas destaca pola súa dozura debida a que teñen unha alta porcentaxe de hidratos de carbono en comparación a outras variedades. Grazas ás súas propiedades organolépticas e morfolóxicas está considerada como unha das mellores variedades de castaña cun gran potencial para elaborar unha infinidade de produtos derivados.