Galicia Food Experience

Millo Corvo

Millo Corvo

Cando a planta do millo alcanza uns 10 cms. dáselle unha cava profunda quitándolle as herbas.

Area de producción: Meiro, Concello de Bueu, comarca do Morrazo, provincia de Pontevedra.

Na xurisdición de Morrazo, á que pertence Meiro, aparecen os primeiros testemuños do cultivo de millo no ano 1618, data en que o panorama produtivo agrícola transfórmase e sofre unha evolución ata que, xa a partir de 1720, o millo domina totalmente o cultivo de cereal.  O millo corvo plantábase ata hai unhas décadas entre as zonas boscosas e os sementados e en lugares onde a terra non era moi boa, servindo como pantalla protectora para outros cultivos por ser unha variedade resistente.  Cando a planta do millo alcanza uns 10 cms. dáselle unha cava profunda quitándolle as herbas. Posteriormente, cando crece un pouco máis, procédese ao arrendado, que consiste nunha cava máis superficial e de rareo, eliminando as plantas máis bastas. No verán efectúanse as regas, tamén nesta época córtase o pendón, parte superior da planta (flor masculina), que pode ser utilizado como forraxe, evitando con este corte que os ventos rompan a cana.